jardines restaurante Los Molinos
salón restaurante Los Molinos
salón restaurante Los Molinos

Los Molinos, eventos

O restaurante Los Molinos é o lugar ideal para calquer tipo de celebración, tanto familiar como profesional.

Tanto se estás a buscar un restaurante onde celebrar a túa voda, coma se o que necesitas é un bo restaurante onde celebrar unha comuñón ou un bautizo, restaurante Los Molinos sempre é unha boa elección.

O mesmo se queres buscar un restaurante para organizar un evento de empresa, ou para calquera celebración.

Para celebracións infantís como bautizos, aniversarios e comuñóns, restaurante Los Molinos ofréceche un espazo especial e servizo de animación, magos, etc.

As instalacións do restaurante Los Molinos conservan o encanto do tradicional. Renovadas e adaptadas pero mantendo unha atmosfera cálida, un estilo persoal que nos diferencia.

Contamos cun equipo humano que se caracteriza pola súa atención personalizada, a súa profesionalidade e a súa saber facer.


Instalacións para celebracións

Rincón El Edén

O Edén

Metros e metros de xardíns máxicos, de recunchos ocultos cheos de encanto, de cataratas que xorden do inesperado... Goza da espectacular vista da Ría do Eume desde o noso miradoiro ou degusta os nosos aperitivos no soportal para convidados.


Salones

Salóns

Catro amplos salóns, con capacidade para até 350 persoas, climatizados e decorados ao detalle para cada ocasión. Todos os salóns teñen autonomía; é dicir, contan con entrada e saída independentes e aseos, office e barra de bar propios.


Parking

Parking e Cafetería

Parking propio con amplas prazas de aparcadoiro e con estacionamentos especialmente sinalizados para os anfitrións das cerimonias, para que non teñas que preocuparte de onde deixar o teu automóbil. Zona de bar e cafetaría.


Vodas civís e relixiosas

A cerimonia.

Podedes celebrar vosa voda en cualquera de nosos salóns ou ben ó aire libre.

A reportaxe de fotografía e vídeo.

O Edén é un excelente escenario para a reportaxe fotográfica de noivos e convidados á voda, con belos xardíns, recunchos cheos de encanto, miradoiros, etc.

Os aperitivos.

Dentro do Edén habilitamos un soportal para servir o cóctel, con aperitivos variados e de calidade.

Animación.

Restaurante Los Molinos dispón dun espazo destinado para a túa música, para o "conxuro dá queimada", animacións infantís, magos...

Unha voda diferente, orixinal, creativa:

Conta connosco se soñas cunha voda diferente. Unha voda celta, unha voda temática... O noso equipo de eventos traballará contigo para darlle forma ás túas ilusións.

Comuñóns:

En restaurante Los Molinos ofrecemos ademais unha gran variedade de menús infantís.

Animación e servicio de gardaría.

Pregúntanos tamén polas diferentes alternativas de animación para peques (inchables, festa da espuma, zona de xogos, etc.), e polo servizo de gardaría.

Celebracións familiares, comidas e ceas de empresa, promocións profesionais, congresos e exposicións...

Restaurante Los Molinos é ideal para eventos de todo tipo.
O millor ambiente, os menús mais variados, e aa millor relación calidade/prezo.