Los Molinos, eventos
O restaurante Los Molinos é o lugar ideal para calquer tipo de celebración, tanto familiar como profesional.
Tanto se estás a buscar un restaurante onde celebrar a túa voda, coma se o que necesitas é un bo restaurante onde celebrar unha comuñón ou un bautizo, restaurante Los Molinos sempre é unha boa elección.
O mesmo se queres buscar un restaurante para organizar un evento de empresa, ou para calquera celebración.
Para celebracións infantís como bautizos, aniversarios e comuñóns, restaurante Los Molinos ofréceche un espazo especial e servizo de animación, magos, etc.
As instalacións do restaurante Los Molinos conservan o encanto do tradicional. Renovadas e adaptadas pero mantendo unha atmosfera cálida, un estilo persoal que nos diferencia.
Contamos cun equipo humano que se caracteriza pola súa atención personalizada, a súa profesionalidade e a súa saber facer.
Eventos sociais
Vodas
Soñas cunha voda de película? En Los Molinos é posible.
No día da túa voda ti es protagonista, por iso celebramos vodas totalmente personalizadas.Un escenario que lembra o templo do amor, recepción de invitados, zona de aperitivos, sesión de fotos dentro dunha paraxe verde con catarata, vexetación propia das fragas do Eume, xardín botánico e autóctono que ofrece total privacidade. Celebra a túa voda civil nun enclave marabilloso, escenario dun programa Casamos! A historia de amor de... da TVG.
En Los Molinos só se celebra unha voda por sesión para total exclusividade e intimidade dos noivos en cada evento.
Revodas
Celebra a túa revoda sen formalismos e con moita festa!
Aperitivos, cóctel, tarta, copas, baile…
Vivindo xuntos
Bufete.
Diversidade de postres.
Barra libre.
Festa.
Celebra cada aniversario de casamento
O celebrar que somos felices non supón un gran desembolso. Orzamentos totalmente personalizados. Desde eventos de menús tradicionais ata pinchos, copas, sobremesa e bebidas con dance en zona chill-out.
Comuñóns e Bautizos
Animación infantil, festa da espuma, inchables, camas elásticas, parque infantil, campo de fútbol, menú infantil, mesa doce, piñata, merenda, fonteciña de chocolate, catarata de cava sen alcohol.
Menús adaptados a cada horario e confeccionados ex professo para cada evento
Celebracións familiares, cumpleanos, celebracións con amigos, fin de curso, graduación, excursións
É importante celebrar os momentos de felicidade que nos regala a vida. Unha reunión de primos, o aniversario da avoa, o santo do avó, a despedida de solteira da túa irmá, o aprobado na oposición do teu irmán, o final do curso académico, a graduación dos teus fillos, o regreso do teu amigo por vacacións, o ascenso da túa moza, unha excursión ás Fragas do Eume cos teus veciños... calquera oportunidade é boa para reunirte con quen máis queres e celebrar a vida.
Restaurante Los Molinos é ideal para eventos de todo tipo. O mellor ambiente, os menús máis variados e a mellor relación calidade/prezo.