adorno restaurante Los Molinos
adorno restaurante Los Molinos
panorámica Eume

Los Molinos

Desde 1970 traballando e gozando cun único obxectivo: a plena satisfacción dos nosos clientes.

O restaurante Los Molinos foi fundado no ano 1970. Desde entón, seguimos traballando co obxectivo de satisfacer aos nosos clientes. E facémolo gozando do noso traballo, porque para restaurante Los Molinos non hai maior satisfacción que ver as caras de ilusión duns noivos, de ledicia dos invitados ás vodas; o sorriso dun neno ou unha nena o día da súa comuñón, o orgullo duns pais nun bautizo...

A unha contorna máxica e ás máis modernas instalacións sumamos ingredientes de primeira calidade, coidadosamente seleccionados, e a máis esmerada elaboración, que conxuga todas as excelencias da cociña galega de sempre coas novas tendencias culinarias.

En restaurante Los Molinos practicamos unha restauración responsable, tanto no plano social como no ambiental.

Por unha banda, integramos as preocupacións sociais na nosa forma de entender o negocio. Por iso:

  • As nosas instalacións foron deseñadas sen barreiras arquitectónicas, tendo en conta as necesidades das persoas con mobilidade reducida.
  • Temos menús especiais para celíacos e vexetarianos.
  • Colaboramos activamente con diferentes ONGs.

Doutra banda, nos últimos anos levamos a cabo unha política ambiental destinada a evitar, na medida do posible, calquera tipo de contaminación.
Minimizamos a xeración de residuos e racionalizamos o uso de recursos naturais e enerxéticos.

En restaurante Los Molinos ti es o protagonista. Benvido a un lugar cheo de encanto, no que esperamos que te sintas como na casa.